domingo, 20 de setembro de 2015

Benvindas ao novo curso

Ola,
Benvidas/os ao novo curso 2015-2016. Dende o EDL queremos volver ter un ano lectivo cheo de experiencias e compartirmos moitas cousas boas.
Neste mes de setembro, día 23, teremos a primeira reunión no recreo (biblioteca) para falarmos dos proxectos vindeiros.


martes, 16 de xuño de 2015

Visita Sálvora

Para celebrarmos a fin de curso, co EDL do IES de Ponteareas decidimos visitar unha das illas máis enigmáticas do país: Sálvora.
Seguimos os cantos de don Ramón, especialmente a primeira parte da súa Na noite estrelecida... E atopamos unha paisaxe idílica

xoves, 28 de maio de 2015

AVISO Visita Sálvora

Facemos un chamamento ao alumnado de EDL e Biblioteca: o prazo de presentación de permisos para ir a Sálvora remata este vindeiro venres día 29 de maio
Resultado de imagem para olhos

Mes das letras

Neste ano imos celebrar o Día das Letras Galegas: Filgueira Valverde construíndo un gran mural dedicado á memoria.
No primeiro deseñamos a memoria de Ponteareas e Covelo a través de imaxes do século XIX e XX.


  No segundo retámosvos a adiviñar como eran as/os profes canda cativos. Aí vai unha proposta:

martes, 24 de marzo de 2015

Concurso de Galeoke

O próximo día 27 celebramos a finalización do trimestre cunha competición de Galeoke.
Esperemos que non chegue o sangue ao rio!!
Resultado de imagem para galeoke

mércores, 21 de xaneiro de 2015

CONCURSO LOGO PARA O EDL





Destinatarias: Toda a comunidade do IES de Ponteareas
Como presentar os logos: enviar as propostas ao correo penadosnamorados@gmail.com antes do 18 de marzo
Premios: Lote de libros
Características do logo: Ha ter forma circular. Debe figurar o nome do EDL Pena dos namorados e unha lenda cariñosa coa nosa lingua
Ánimo!!!


luns, 19 de xaneiro de 2015

Reunión do EDL de Xaneiro

Hoxe tivemos unha reunión do EDL, na cal decidimos desenvolver dúas actividades nestes meses:

a. Concurso do videoxogo A casa da conexa
b. Concurso dun logo para o EDL, o cal debe xirar arredor da lingua galega.

Esperamos que participedes!